Loading...
  • El poder de la música proviene de las ideas. Si las ideas no son claras, únicamente transmitimos sonidos
    Yo-Yo-Ma
  • La música constituye una revelación más alta que ninguna filosofía
    Beethoven
  • Donde las palabras fallan, la música habla
    Hans Cristian Andersen

QUEN SOMOS

CONXUNTO DE VIOLONCHELOS SONCELLO ENSEMBLE DA ASOCIACIÓN DE VIOLONCHELISTAS DE GALICIA

O conxunto de violoncelos Soncello Ensemble é unha das principais señas de identidade da Asociación de Violoncelistas de Galicia.

En activo dende 2012, a nosa presentación ante o público tivo lugar no Conservatorio Superior de Música da Coruña, no marco da  I Xuntanza Soncello. O mesmo ano interptamos concertos no Conservatorio de Ferrol, no Círculo das Artes de Lugo xunto aos prestixiosos violoncelistas suizos Thomas e Patrick Demenga dentro do Festival “Semana da Música do Corpus de Lugo”, e na Mostra de Teatro Cómico de Cangas de Morrazo, coincidindo co “Encontro de Verán Cangas 2012” da Asociación de Violoncelistas de Galicia.

Fóra de Galicia, Soncello Ensemble ofreceu concertos en Valencia, Sala Alfonso o Magnánimo, no Auditorio de Caja España en León, ciclo “Músicos del Mundo”, e en Vitoria, no ciclo “Martes Musicales” organizado por Caja Vital Kutxa.

En 2014 o grupo gravamos o noso primeiro CD con obras de Vivaldi, Grieg, Haydn e Piazzolla  ofreciendo concertos con este repertorio en Mabegondo, Cambre e A Coruña dentro da programación das Festas do Rosario.

A partires de 2015 Soncello Ensemble ten interpretado as Bachianas Brasileiras de Villalobos, obra emblemática para conxunto de violoncelos, colaborando en varias ocasións coa soprano Cristina Suárez.

En 2017 o grupo foi escollido para musicalizar a Gala do 150 Aniversario organizada por o Grupo Cuevas celebrada en decembro no Auditorio Municipal de Ourense.

En agosto de 2018 Soncello Ensemble actuou no Festival e Curso Internacional de Música en Compostela nun concierto celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Neste concerto o grupo interpretou a estrea mundial de “Cantiga Nocturna” do compositor Fernando Buide , obra de encargo da Asociación de Violoncelistas de Galicia, obtendo gran éxito de público e crítica (EL PAIS – “La magia de ocho chelos”). En decembro dese ano Soncello Ensemble actuou no II Maratón de concertos Soncello, celebrado no Teatro Colón da Coruña.

Dende 2019 estamos a desenvolver un novo proxecto en colaboración con 10 compositores da Asociación Galega de Compositores entre os que se atopan Octavio Vázquez, María Mendoza, Juan Durán, Ermitas García Ríos, Paulino Pereiro, Xoan Antón Vázquez, Xulio Montero, Sofía Oriana, Margarita Viso e Xavier Comesanha. Cancións galegas  é un conxunto de pezas orixinais e máis cancións tradicionais galegas adapatadas para conxunto de violoncelos e voz. Xunto coas cantantes Cristina Suárez e María Rivera temos gravado o noso novo CD “Cancións Galegas”, que presentaremos en concerto nos vindeiros meses dentro do proxecto “Soncello Ensemble no Camiño”.

GALERÍA DE IMAXES

UN PEQUENO MOSTRARIO DALGUNHAS DAS NOSAS ACTUACIÓNS CON DIFERENTES AGRUPACIÓNS DE SONCELLO ENSEMBLE

  • Gallery
  • Gallery
  • Gallery
  • Gallery
  • Gallery
  • Gallery

COMPOÑENTES

SONCELLO ENSEMBLE CONFÓRMASE POR VIOLONCHELISTAS DE IDADES E TRAXECTORIAS DIFERENTES
Carolina Landriscini
CAROLINA LANDRISCINI

Catedrática de cello no Conservatorio Superior da Coruña. Os seus profesores foron Janos Starker na Universidade de Indiana (USA), Xavier Gagnepain no Conservatorio de Boulogne-Billancourt e Jacques Doué na Escola de Música de Bayonne (Francia).

Carolina Landriscini
VIOLONCHELISTA
Milagros García
MILAGROS GARCÍA

Actualmente compaxina a docencia coa interpretación en diversas formacións. Titulada Superior do CSMA, estudou con L.Quintana e Barbara Switalska. Conseguiu un Máster en Interpretación no Conservatorio della Svizzera Italiana da man de E. Dindo.

Milagros García
VIOLONCHELISTA
Emma Urango
EMMA URANGO

Profesora de cello en diversos conservatorios de Galicia desde 1998, realizou os seus estudos musicais con Itziar Atutxa, Elias Arizcuren, Alexander Fedorchenco e Viguen Sarkisov. Colaborou con varias orquestras e grupos de música de cámara.

Emma Urango
VIOLONCHELISTA
Isabel Font
ISABEL FONT

Profesora de cello no Conservatorio Profesional de Ponferrada, estudou con Nuria Rosa Muntañola en Palencia e con María de Macedo en Madrid. Titulada Superior da ESMUC baixo a tutela de Damián Martínez e Charles Tunnell.

Isabel Font
VIOLONCHELISTA
Criptana Angulo
CRIPTANA ANGULO

Actualmente profesora no Colexio Internacional Eirís da Coruña, estudou con María de Macedo en Madrid e Daniel Grosgurin en Xenebra. Foi membro da JONDE e da Orquestra de Estremadura.

Criptana Angulo
VIOLONCHELISTA
Thomas Piel
THOMAS PIEL

Violonchelista da Orquestra Filharmónica de Galicia, realizou os seus estudos musicais no conservatorio de Colonia, e na Folkwang- Musikhochschule de Essen con Christoph Richter, onde conseguiu o seu diploma con matrícula de honra.

Thomas Piel
VIOLONCHELISTA
Isabel Figueroa
ISABEL FIGUEROA

Profesora de cello no Conservatorio Profesional de Vigo e membro das diferentes agrupacións do proxecto Vigo 430, estudou con Dalibor Sebéstik, Elías Arizcuren, Jeroen dean Herder e Marco Ceccato.

Isabel Figueroa
VIOLONCHELISTA
Lucía Vicente
LUCÍA VICENTE

Titulada Superior do Conservatorio da Coruña, os seus profesores foron Luís Caballero en grao profesional e Carolina Landriscini en grao superior. Foi alumna da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela, onde estudou con Barbara Switalska.

Lucía Vicente
VIOLONCHELISTA

EVENTOS

VINDEIROS EVENTOS PROGRAMADOS DE SONCELLO ENSEMBLE, ASÍ COMO TAMÉN ÚLTIMOS EVENTOS XA REALIZADOS

    NOTICIAS

    TODA A ACTUALIDADE SOBRE AS NOSAS ACTIVIDADES, ASÍ COMO TAMÉN SOBRE O RELACIONADO CO MARABILLOSO MUNDO DA MÚSICA E DO VIOLONCHELO EN ESPECIAL…
    SONCELLO ENSEMBLE NO CAMIÑO – RESUMO

    SONCELLO ENSEMBLE NO CAMIÑO – RESUMO

    Deixámosvos aquí un pequeno resumo visual do noso periplo polo Camiño de Santiago, co noso proxecto “Soncello non Camiño” que abarca a gravación

    Leer más
    CANCIÓNS GALEGAS – CONCERTO SARRIA

    CANCIÓNS GALEGAS – CONCERTO SARRIA

    O día 9 de agosto en Sarria, Soncello Ensemble fixo a súa seguinte presentación  no entorno inesquecible da Praza de Santa Mariña. Nesta

    Leer más
    CANCIÓNS GALEGAS – CONCERTO ARZÚA

    CANCIÓNS GALEGAS – CONCERTO ARZÚA

    Tivemos a oportunidade de facer a presentación deste proxecto “Cancións galegas” o 4 de agosto, na encantadora Capela da Madanela, en Arzúa, en

    Leer más
    CANCIÓNS GALEGAS – GRAVACIÓN CD

    CANCIÓNS GALEGAS – GRAVACIÓN CD

    O pasado mes de Xaneiro, Soncello Ensemble acomete un dos seus máis ambiciosos proxectos: A gravación do disco “Cancións galegas”, xunto coas voces

    Leer más
    SONCELLO ENSEMBLE NO CAMIÑO

    SONCELLO ENSEMBLE NO CAMIÑO

    Desde 2019 estamos a desenvolver un novo proxecto en colaboración con 10 compositores da Asociación Galega de Compositores entre os que se atopan

    Leer más
    CD CANCIÓNS GALEGAS ONLINE

    CD CANCIÓNS GALEGAS ONLINE

    O novo disco da agrupación Soncello Ensemble “Cancións galegas” xa se pode obter e/ou escoitar desde as principais plataformas musicais online: Apple Music

    Leer más
    CD CANCIÓNS GALEGAS

    CD CANCIÓNS GALEGAS

    A agrupación Soncello Ensemble, desde 2019 estamos a desenvolver este proxecto ” Cancións Galegas” en colaboración con 10 compositores da Asociación Galega de

    Leer más
    SONCELLO ENSEMBLE CANDIDATOS AOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX

    SONCELLO ENSEMBLE CANDIDATOS AOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX

    A agrupación Soncello Ensemble, presentamos a nosa candidatura aos premios Martín Códax na categoría de Música clásica e contemporánea co proxecto ” Cancións

    Leer más

    CONTACTO

    PODES CONTACTAR CONNOSCO A TRAVÉS DESTE FORMULARIO OU SE O PREFIRES A TRAVÉS DO NOSO NÚMERO DE TELÉFONO OU A NOSA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO, ABAIXO INDICADOS.




    +34 630 770 158
    SONCELLOENSEMBLE@SONCELLO.COM
    PRESIDENCIA@SONCELLO.COM